 
 
O programa está impulsado pola asociación ecoloxista Verdegaia, a Universidade e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel.
Desde o 10 de abril e até o final de curso desenvolverase nos dos campus da Universidade de Santiago de Compostela un programa pioneiro de préstamo de bicicletas aos membros da comunidade universitaria. A iniciativa ten como obxectivo facer pública a viabilidade da bicicleta como ferramenta de transporte nuns espazos cada vez máis saturados de tráfico motorizado. 
O programa piloto que se desenvolverá até o 29 de xuño servirá para estudar a posibilidade de establecer un servizo permanente de cesión de bicicletas e avaliar as posíbeis eivas con vistas a elaborar un programa máis amplo. Deste xeito tentarase valorar o interese do colectivo universitario neste medio de transporte así como analizar as particularidades do seu uso no entorno dos campus de Santiago e Lugo.  As persoas que participen no proxecto recibirán ademais clases de mecánica básica e de condución urbana. 
Desde Verdegaia sinálase que “o inicio da solución dos problemas inherentes ao transporte e a mobilidade pasa por ser conscientes de que movernos incide no ambiente, incide no noso entorno social e incide noutros países e colectivos dos que parten as materias primas para manter o actual sistema de transporte”.  É por iso polo que desde a asociación ecoloxista asegúrase que é necesario “escoller o medio máis axeitado en cada momento tendo en conta todos os factores e favorecendo o menor impacto”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto