Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

O PKK pon condicións para a fin do conflito armado con Turquía

"Se o asunto curdo se resolve de xeito democrático a través do diálogo, deporemos as armas", afirmou o líder da guerrilla nunhas declaracións á BBC.

Redacción - 11:35 21/07/2010
Murat Karayilan

Murat Karayilan

Murat Karayilan, líder do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), asegurou que a guerrilla estaría disposta a depor as armas, logo de 26 anos de conflito, en troques de maiores dereitos políticos e culturais para os curdos baixo goberno turco.

As declaracións, que se produciron nun campo secreto nas montañas do Curdistán baixo goberno iraquí, recólleas esta cuarta feira á BBC. A canle recorda que o PKK é considerada unha "organización terrorista" pola UE e polos EUA.

Karayilan dixo que esta situación se daría, baixo supervisión das Nacións Unidas, previo cesamento do fogo por parte de Turquía, da fin dos ataques contra os civís e dos arrestos de políticos curdos no Curdistán Occidental.

Porén, un portavoz do goberno de Turquía dixo que non teñen "o costume de comentar manifestacións feitas por terroristas". Segundo a BBC, unha declaración unilateral de independencia podería ser vista polo executivo de Recep Tayyip Erdo─čan como un avance da guerrilla.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: