Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS CONTAS PÚBLICAS DO ANO QUE VÉN

Á vez que recorta o gasto, a Xunta ábrelle máis as portas ao capital privado

O Goberno anuncia que en 2011 haberá 950 millóns menos nos orzamentos. A redución notarase especialmente no capítulo de investimentos e axudas públicas.

Redacción - 10:31 20/07/2010
Tags:

Medidas extraordinarias xusto cando máis se está a notar a crise. A Xunta anunciou este luns que para o 2011 os orzamentos van a reducirse en 950 millóns de euros con respecto ao exercicio actual. A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, deixou claro no vindeiro ano “toca apretar o cinto” e para iso a administración vai vivir nos orzamentos a recesión máis importante da súa historia (un 8,6% menos ca en 2010).

Nin a propia conselleira ocultou que o forte recorte vai ter consecuencias serias que obrigan a “unha revisión completa das políticas públicas”. Así caerá o investimento real, as subvencións e o orzamento en todas as consellarías. Aínda así, dende a Xunta subliñan que van intentar darlle preferencia no gasto ás áreas de Sanidade, Educación e Dependencia. Dende o executivo aseguran que esperan poder ter as contas de 2011 confeccionadas no vindeiro mes de outubro.

Porén, dende o Goberno tamén sinalan que van intentar facer menos dura a caída orzamentaria recorrendo á colaboración público-privada e á previsíbel privatización de determinados servizos. O executivo conservador estuda darlle máis entrada ás empresas privadas no negocio público, tal e como fixo até o de agora nas residencias de maiores ou na construción de centros sanitarios

Dende a oposición non chegaron en chegar as primeiras críticas. O voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, pediulle a Feijoo que “deixe de queixarse e que poña en marcha políticas que sirvan para superar a crise”. Pola súa parte, os socialistas mostraron o seu temor a que educación e políticas sociais acaben pagando os pratos rotos.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: