Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SEGUNDO A INVESTIGADORA EVA GOLINGER

EUA financia grupos anti-chávez revelan documentos desclasificados

Segundo a investigadora estadounidense-venezuelana Eva Golinger, documentos desclasificados do Departamento de Estado de Estados Unidos ao abeiro da Lei de Acceso á Información (FOIA, polas súas siglas en inglés) dan conta de máis de 4 millóns de dólares en financiamiento a media e xornalistas venezuelanos durante os derradeiros dous anos.

Xurxo Martínez Crespo - 12:09 19/07/2010

Eva Golinger asegura, despois de consultar a documentación oficial estadounidense, que o financiamiento foi canalizado directamente do Departamento de Estado por medio de tres entidades públicas estadounidenses: a Fundación Panamericana para o Desenvolvemento (PADF polas súas siglas en inglés), Freedom House e a Axencia do Desenvolvemento Internacional de Estados Unidos (USAID).

Coa intención  de agochar as súas accións de financiamento anti-chavista, o Departamento de Estado censurou a maioría dos nomes das organizacións e xornalistas que recibiron estes fondos millonarios. Porén, un documento de xullo de 2008 deixou sen censura os nomes das dúas principais organizacións venezuelanas receptoras dos fondos: Espacio Público e Instituto de Prensa y Sociedad (IPYS).

Espacio Público e IPYS son organizacións que figuran na documentación estadounidense como as encargadas de coordenar a distribución dos fondos e os proxectos do Departamento de Estado cos medios de comunicación privados e xornalistas venezuelanos.

Os documentos dan fe das actividades de finaciamento da PADF,  (FUPAD nas súas siglas en galego), que desenvolveu programas en Venezuela dedicados á promoción “da liberdade dos media e as institucións democráticas”, ademais de obradoiros de formación para xornalistas e o desenvolvemento de novos media na rede, debido ás  “constantes ameazas contra a liberdade de expresión” e “o clima de intimidación e censura contra os xornalistas e medios existentes en Venezuela”.

Financiamiento a páxinas web anti-Chávez

Un dos programas da FUPAD, polo cal recibiu 699 mil 996 dólares do Departamento de Estado no 2007, foi dedicado ao “desenvolvemento dos medios independentes en Venezuela” e o xornalismo “vía tecnoloxías innovadoras”. Os documentos evidencian que máis de 150 xornalistas foron adestrados polas axencias estadounidenses e 25 páxinas web foron financiadas en Venezuela con cartos estranxeiros. Espacio Público e IPYS foron os principais executores a nivel nacional deste proxecto, que outorgou  “premios” de 25 mil dólares a varios xornalistas.

Durante os derradeiros dous anos, existiu unha proliferación de páxinas web, bloges, e membros de Twitter e Facebook en Venezuela, que utilizan estes medios para promover mensaxes contra o goberno venezuelano e o presidente Hugo Chávez, tentando distorsionar e manipular a realidade sobre o que acontece no país caribeño.

Outros programas manexados polo Departamento de Estado seleccionaron mozos venezuelanos para recibir adestramentono uso destas tecnoloxías e para crear o que chaman, unha “rede de ciberdisidentes” en Venezuela.

Así, en abril de 2010, o Instituto George Walker Bush, xunto á organización estadounidense Freedom House, convocou unha xuntanza de “activistas pola liberdade e os dereitos humanos” e “expertos en Internet” para analizar o “movemento global de ciberdisidentes”. Á xuntanza, realizado en Dallas, Texas, foi convidado Rodrigo Diamanti de la organización Futura Presente de Venezuela.

En 2009, durante os días 15 e 16 de outubro, a Ciudad de México foi a sede da segunda Cimeira da Alianza de Movementos Xuvenís (“AYM” polas súas siglas en inglés). Patrocinado polo Departamento de Estado, a xuntanza contou coa participación da secretaria de Estado Hillary Clinton e varios “delegados” convidados pola diplomacia estadounidense, incluíndo os venezuelanos Yon Goicochea (Primero Justicia); o dirixente da organización Venezuela de Primera, Rafael Delgado; e a ex dirixente estudantil Geraldine Álvarez, agora membro da Fundación Futuro Presente, organización creada por Yon Goicochea con financiamiento do Instituto Cato de Estados Unidos.

Xunto a representantes das axencias de Washington, como Freedom House, o Instituto Republicano Internacional, o Banco Mundial e o Departamento de Estado, os mozos convidados recibiron obradoiros de “capacitación e formación” dos funcionarios estadounidenses e os creadores de tecnoloxías como Twitter, Facebook, MySpace, Flicker e YouTube.

Financiamiento a universidades

Os documentos desclasificados dan conta dun financiamiento de 716 mil 346 dólares vía a organización estadounidense Freedom House en 2008, para un proxecto de 18 meses dedicados a “fortalecer os media independentes en Venezuela”. Este financiamento por medio do Freedom House resultou na fundación dun “centro de recursos para xornalistas” nunha universidade venezuelana que non especifica o informe. Segundo o documento oficial, “O centro desenvolverá unha radio comunitaria, unha páxina web e obradoiros de formación”, todos financiados por entidades estadounidenses.

A cantidade de 706 mil 998 dólares da FUPAD foron destinados a “promover a liberdade de expresión en Venezuela”  cun proxecto de 2 anos orientado ao xornalismo investigativo e “as novas tecnoloxías”, como Twitter, Internet, Facebook e Youtube, entre outras. “Especificamente, a FUPAD e o seu socio local capacitarán e apoiarán [a xornalistas, medios e ONG] no uso das novas tecnoloxías mediáticas en varias rexións en Venezuela”.

"A FUPAD realizará obradoiros de formación verbo os conceptos do xornalismo investigativo e os métodos para afortalar a calidade da información independente dispoñible en Venezuela. Estes obradoiros serán desenvolvidos e incorporados no currículo universitario".

Outro documento evidencia que tres universidades venezuelanas, a pública Universidad Central de Venezuela (UCV), e as privadas Universidad Metropolitana (UNIMET) e a Universidad Santa María (USM), incorporaron cursos de mestría en xornalismo nos seus planos de estudo, financiados pola FUPAD e o Departamento de Estado. Estas tres universidades foron os focos principais dos movementos estudiantís anti-chavistas durante os derradeiros tres anos.

Sendo a principal canle dos fondos do Departamento de Estado aos medios privados e xornalistas en Venezuela, a FUPAD tamén recibiu 545 mil 804 dólares para un programa titulado "Venezuela: As voces do futuro ". Este proxecto, que durou un ano, foi dedicado a "desenvolver unha nova xeración de xornalistas independentes co emprego das novas tecnoloxías". Asemade a FUPAD financiou varios bloges, xornais, emisoras de radio e televisión por toda Venezuela para asegurar a publicación dos artigos e transmisións dos participantes "do programa".

A USAID e a FUPAD

Máis fondos foron distribuídos por medio da oficina da USAID en Caracas, que manexa un orzamento anual de entre 5 a 7 millóns de dólares. Estes millóns formaban parte dos entre 40 e 50 millóns de dólares que anualmente dan as axencias estadounidenses, europeas e canadenses aos sectores anti-chavistas en Venezuela.

A Fundación Panamericana para o Desenvolvemento estivo activa en Venezuela desde o 2005, sendo un dos principais contratistas da USAID no país caribeño. A FUPAD é unha entidade creada polo Departamento de Estado en 1962, e está "afiliada" á Organización de Estados Americanos (OEA). A FUPAD  programa actividades financiadas por USAID, o Departamento de Estado e outros financistas internacionais para "promover a democracia" e "fortalecer a sociedade civil" en América Latina e o Caribe.

Actualmente, a FUPAD manexa programas a través da USAID, con fondos por riba de 100 millóns de dólares en Colombia, como parte do Plano Colombia; en Bolivia, financiando "iniciativas" en El Alto; e ten 10 anos traballando en Cuba, de forma "clandestina", para fomentar unha "sociedade civil independente" para "acelerar unha transición á democracia ".

En Venezuela, a FUPAD estivo traballando para "afortalar os grupos locais da sociedade civil". Segundo un dos documentos desclasificados, a FUPAD "foi un de poucos grupos internacionais que puido outorgar financiamento significativo e asistencia técnica á ONGs venezuelanas".

Os "socios" venezuelanos

A asociacición civil venezuelana Espacio Público está dirixida polo xornalista Carlos Correa. Aínda que no seu site destaca que a organización é "independente e autónoma de…organizacións internacionais ou goberno algún", os documentos do Departamento de Estado estadounidense sinalen que recibe un financiamiento multimillonario do goberno de Estados Unidos. Dacordo con estes documentos, as axencias estadounidenses, como a FUPAD, non só financian grupos como Espacio Público, senón que teñen o estatus de "socios", e desde Washington, reciben materiais e liñamentos que despois utilizan en Venezuela, exercendo un control sobre as súas operacións para asegurar que cumpren coa axenda de Estados Unidos.

O Instituto de Prensa y Sociedad (IPYS), é nada máis que un vocero de Washington, creado e financiado polo National Endowment for Democracy (NED) e outras entidades relacionadas co Departamento de Estado. O seu director en Venezuela é o xornalista Ewald Scharfenberg, coñecido opositor do goberno de Hugo Chávez. IPYS é membro da agrupación Intercambio Internacional de Libre Expresión (IFEX), financiado polo Departamento de Estado, e é ademais parte da rede de Reporteiros sen Fronteiras (RSF), organización francesa financiada pola NED, o Instituto Republicano Internacional (IRI) e o Comité para la Asistencia para una Cuba Libre.


Ligazóns

4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: