Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cataluña

Joan Laporta anuncia oficialmente a formación do partido Democràcia Catalana

Convoca unha conferencia de prensa canda os impulsores da ILP por un referendo sobre a independencia a nivel nacional.

Redacción - 10:35 19/07/2010
Comunicado de Joan Laporta

Comunicado de Joan Laporta

O ex presidente do FC Barcelona Joan Laporta anunciou oficialmente este domingo pola noite a formación do partido Democràcia Catalana para concorrer ás eleccións autonómicas en Cataluña. Nun comunicado pendurado na súa web, afirma que "ten a vontade de formar coalición con todos os partidos ou movementos que partillan o mesmo obxectivo: que Cataluña se converta nun estado".

"Democràcia Catalana quere que o espírito da manifestación do 10 de xullo teña voz e voto no noso parlamento", explica o comunicado, onde se insiste na necesidade da unidade para conseguir este obxectivo: "Se non imos xuntos, a nosa voz diluirase nun parlamento que continuará ao servizo doutros intereses".

Segundo informa Vilaweb, Laporta convocou unha conferencia de prensa para este martes conxuntamente cos impulsores da ILP para un referendo oficial a nivel nacional sobre a independencia de Cataluña, Uriel Bertran, deputado de ERC, e Alfons López Tena, militante de CIU.


4.48/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: