Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 16 ao 24 de xullo en Ribadavia

A investigación teatral de Staniewski inaugurará unha ambiciosa MIT

A Mostra Internacional de Teatro trae o espectáculo dirixido polo director polaco, promotor dun dos centros de formación de actores máis prestixiosos do mundo.

Redacción - 10:45 15/07/2010

O Centro de Prácticas Teatrais Gardzienice é un grupo de teatro experimental internacionalmente recoñecido e apreciado. As súas propostas teñen sido analizadas e debatidas no ámbito profesional en numerosas ocasións e a súa pegada escénica chamou a atención de múltiples seguidores. "Os actores de Gardzienice son famosos pola súa capacidade para trasladar o drama antigo ao escenario desde unha forma primitiva e reinterpretada", escribiuse arredor deste proxecto.

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) a celebrar en Ribadavia proximamente será inaugurada xustamente por un espectáculo dirixido polo creador deste centro, o prestixioso director polaco Staniewski. Unha proposta onde "os actores e cantantes demostran metodicamente os elos posíbeis e analoxías entre as técnicas antigas da interpretación co corpo e a voz, cerimonias indíxenas ou rituais que aínda están vivos hoxe en día".

A MIT, que terá lugar entre o 16 e o 24 de xullo, presenta o que entenden os organizadores que será unha das súas edicións máis ambiciosas, nunha cita xa convertida en referencia a nivel estatal no panorama escénico. O espectáculo clown de Gardi Hutter, premiado no Fronge NYC2007, a estrea do espectáculo de Pippo Delbono, Premio Europa per il Teatro 2009, o recente Premio Max ao mellor espectáculo infantil, Zoo, da compañía Yllana, Court-Miracles, dos franceses Le Boustrophédon, a clown mexicana Darina Robles, a proposta arxentina de Jorge Acebo... O programa completo na web oficial da Mostra Internacional de Ribadavia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: