Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Apoio de Afonso Rueda

Intereses ocultos na defensa que o PP fai dos tránsfugas de Gondomar?

O PSdeG pensa que así é. Mentres, o goberno gondomareño anuncia unha querela contra Mar Barcón por "inxurias e calumnias".

Redacción - 11:15 14/07/2010

"Deixe de facer contorsionismo político", esixíalle esta terza feira a responsábel de Política Municipal do PSdeG, Mar Barcón, ao secretario xeral do PPdeG e tamén conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda. Para a deputada socialista, a "inexplicábel" defensa que Rueda asume nas súas declaracións públicas respecto do acontecer político en Gondomar só pode deberse a "intereses ocultos que existen tras a moción". Tamén insinúa Barcón que os tránsfugas semellan seguir a formar parte do PP "e por iso o número dous do partido se erixe no seu portavoz". Unha situación que os propios implicados admitirían ao afirmar non ter constancia da súa expulsión do partido.

A voceira do PSdeG reclama que Rueda "adopte dunha vez por todas unha posición firme fronte ao transfuguismo" e explique se tomará medidas sobre os tránsfugas tal e como se acordou unanimemente no Parlamento entre todos os grupos. "Ou que diga se pola contra vai permitir que se presenten nas listas do PP como candidatos nas vindeiras eleccións municipais", desafiou Barcón. De paso, recorda a deputada coruñesa que o presidente da provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, "estivo atrás de todas as operacións de transfuguismo que se levaron a cabo nesta provincia". "O transfuguismo é inherente ao PP de Galiza", acusou.

Ao fío, e logo de que Barcón expuxese a necesidade de que o goberno español resolva a disolución do grupo de goberno en Gondomar debido ás sombras urbanísticas e o episodio de transfuguismo, os aludidos reaccionan con belixerancia. Deste xeito, o goberno local que inclúe os tránsfugas de PP, PSOE e Independentes anuncia que presentará unha querela contra a deputada socialista por "inxurias e calumnias".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: