Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Eliminación progresiva

Á caza das especies invasoras en parques e xardíns

O Concello de Santiago controla e combate a presenza de especies alóctonas como o eucalipto, a acacia negra ou a mimosa.

Redacción - 12:05 13/07/2010
Tags:
Plumeiros ou herba da pampa. Orixe: América do Sul. Nesta foto, unhas das que fan parte do parque do Monte de Conxo

Plumeiros ou herba da pampa. Orixe: América do Sul. Nesta foto, unhas das que fan parte do parque do Monte de Conxo

Contámoslles a pasada semana do informe de Verdegaia sobre a presencia de especies invasoras nos contornos naturais do Concello de Santiago. Advertían os ecoloxistas do grave problema ambiental que implican estas especies e do custo económico da súa eliminación. Algunhas das implicacións: redución de calidade dos solos, aumento de risco de lumes e pragas, mingua da biodiversidade apartando especies propias dos ecosistemas galegos...

Con todo, e se ben os ecoloxistas consideraban que desde a administración compostelá se estaría favorecendo esa agresiva presencia das plantas invasoras, na práctica desde o departamento de Medio Ambiente do municipio explican que a situación e a estratexia é xustamente a contraria. Casos como o das mimosas no parque do Pozo da neve en Meixonfrío, denunciados no informe, son exemplos de especies que xa estaban na zona cando o espazo foi transformado en parque, de xeito que os servizos do concello van eliminando aos poucos cada exemplar.

Un traballo "difícil", láianse desde o departamento de Medio Ambiente, pero que o Concello acomete tamén noutras áreas da cidade. É o acontecido coas acacias, cos plumeiros (herba da pampa), edra alemá ou orella de gato, que medran espontaneamente en diversos recantos complicando a súa eliminación. A supresión dun labirinto de bambú por outro de camelias aproveitando as obras no Parque de Belvís, o levantamento das acacias na contorna do centro social de Laraño coincidindo coa súa reforma ou a eliminación da Cortaderia nos parques onde se detectou son exemplos do combate e control destas especies.


3,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: