Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NA ASEMBLEA NACIONAL VENEZUELANA

Aprobado Acordo de Cooperación Alimentar entre Venezuela e Portugal

A Asemblea Nacional venezuelana ratificou o acordo con Portugal para acadar seguridade e soberanía alimentar. O acordo é froito da visita oficial do primeiro ministro portugués José Sócrates o 29 de maio pasado.

Xurxo Martínez Crespo - 12:46 30/06/2010

Onte terza feira, foi aprobado en sesión ordinaria da Asemblea Nacional venezuelana (AN), na súa segunda discusión, o Acordo de Cooperación en materia de Seguridade e Soberanía Alimentar entre a República Bolivariana de Venezuela e a República Portuguesa.

Consta dun limiar  e dez artigos e o seu obxectivo fundamental é o deseño e desenvolvemento de programas de cooperación científica, técnica e financeira para a subministración e fornecemento alimentar, segundo as necesidades de provisións de insumos alimentares de ambos os dous Estados.

O deputado Mario Isea indicou que "os debates deben darse no seu contexto e afortunadamente, moitos de nós somos testemuñas dun longo proceso dentro e fóra deste hemiciclo, aquí hai unha guerra entre vampiros especuladores e un pobo que foi vítima por décadas da exclusión, a manipulación e os monopolios da oligarquía ".

Isea enfatizó que "tentan, coma sempre, magnificar unha situación (o escaseza de determinados alimentos) para o  lograr o derrocamento do presidente Chávez sen importar nada, nen a forma, porque o que queren é sacalo como sexa".

"Tentan construír unha montaña de mentiras, de botellas de leite, do que sexa para tratar de mergullarse nela e acadar pórse a tiro bala, como dicía o presentador autoexiliado en Miami, Orlando Urdaneta, Non terán esa satisfacción nen pola vía dos votos nen pola vía da campaña desestabilizadora permanente; non lles funcionou a sabotaxe petroleira que é a orixe entre outras cousas de Mercados de Alimentos MERCAL", concluiu o deputado.

Ao seu xuízo, "é moi doado, dicer coma se non acontecese ren no país, que houbo unha catástrofe económica e alimentar. Si houbo unha catástrofe económica e alimentar, pero non agora, neste intre o pobo venezuelano goza de seguridade alimentar, recebe alimentos subsidiados pola vía de Mercal todos os días e a prezo regulado pola vía de Pdval, que continúa distribuíndo alimentos a prezos regulados (polo Estado)".

Portugal - Venezuela
Relacións cada día mellores


Os gobernos de Portugal e Venezuela asinaron en febreiro de 2008 un memorando para equilibrar as súas balanza comerciais, empregando a fórmula de pagamento da factura petroleira a Venezuela coa importación de bens producidos en Portugal de distintos sectores económicos, é dicer, o intercambio de petróleo venezuelano por produtos portugueses. Portugal, merca petróleo a Venezuela por valor de 224 millóns de euros anuais (30% do seu consumo), a través da compañía lusa Galp Energía, a intención é pagar unha parte importante desa factura con produtos das súas empresas da industria agropecuaria, enerxías renovábeis, construción naval e menciñas.

Portugal exportaba antes dos acordos de 2008 bens e servizos a Venezuela por un monto aproximado de 20 millóns de euros anuais.

A comunidade portuguesa na Venezuela é unha das máis importantes de Portugal no estranxeiro e de Venezuela en número de estranxeiros. Está formada por perto de 400.000 persoas, principalmete dos arquipélagos de Açores e a illa de Madeira. Unha grande parte dos portugueses en Venezuela vivían en Moçambique e Angola antes da súa independencia a mediados dos setenta.

José Sócrates na Venezuela

O 29 de maio pasado fixo unha visita oficial, a segunda, o primeiro ministro portugés José Sócratres.  O presidente Hugo Chávez e o primeiro ministro de Portugal, José Socrates asinaron un total de 19 acordos de cooperación en materias de electricidade, petróleo, construción de vivendas, e bens e servizos.

Entre os acordos asinados están:
 
A construción de 12 mil 500 vivendas no eixo norte-costeiro. Este convenio tamén estipula a transferencia tecnolóxica para a instalación, fabricación e posta en marcha de sistemas construtivos prefabricados; isto coa instalación de tres fabricas especializadas neste tipo de sistema.

-Acordo para o estudo e instalación dun complexo para a fabricación de tixolos de arxila no estado Bolívar.

-Adquisición de 525 mil computadores portáteis para ser incorporadas ao proxecto Canaima educativo destinado a nenos do ensino básico en Venezuela.

Asináronse 8 acordos en materia eléctrica que inclúen a subministración de transformadores de potencia subestacional móbiles, equipamentos de montaxe e automatización do despacho de carga eléctrica.

Outro dos acordos destacados, na área eléctrica, é aquel para a construción e rehabilitación de liñas de transmisión e subestacións. Ademais, asinouse unha acta de compromiso para a asistencia técnica, de Portugal a Venezuela, en todo o relacionado coa xeración, distribución e comercialización de enerxía para así afortalar todo o sistema eléctrico venezuelano.

-Dous acordos para avanzar na consecución da seguridade e soberanía alimentaria, un dos cales ratificou a Asemblea Nacional a terza feira, 29 de xuño.

-Acta de entendemento para realizar os estudos e construción de dúas fábricas para a produción de antibióticos e outras menciñas.

Acordo para o intercambio de experiencias no referente á protección de persoas no acceso de bens e servizos; e outro é para o intercambio de experiencias no desenvolvemento de planos en materia de normas de calidade.

Asínose unha acta de compromiso para analizar a compra dun ferry dedicado ao turismo e outro acordo para a adquisición de dous buques asfalteiros.






Ligazóns

4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: