Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SUPERARON NUN 25% AS EXPECTATIVAS DE PRODUCIÓN

Un mes producindo móbiles venezuelanos

A fábrica Orinoquia, a un mes da súa inauguración, superou en 25% a produción estimada coa fabricación de 30 mil móbiles. 

Xurxo Martínez Crespo - 13:36 29/06/2010
Un dos móbiles de Orinoquia. O "vergatario".

Un dos móbiles de Orinoquia. O "vergatario".

O Ministerio de Ciencia, Tecnología e Industrias Intermedias anunciara, en 2009, a asociación do Estado venezuelano coa compañía chinesa Huawei para fabricar máis de 2 millóns de móbiles anuais. A fábrica, Orinoquia, inaugurada hai un mes polo presidente venezuelano, Hugo Chávez, é a segunda fábrica en Venezuela, xunto á empresa Venezolana de Telecomunicaciones (Vetelca), localizada na Zona Franca da península de Paraguaná, en Punto Fijo, estado Falcón.

Venezuela é un dos mercados móbiles con máis expansión en Latinoamérica, con perto de 27 millones de usuarios, é dicer, case a totalidade da poboación venezuelana, 96%, cun promedio de sustitución de móbil de 18 meses.

O ministro do Poder Popular para Ciencia, Tecnoloxía e Industrias Intermedias (MCTI), Ricardo Menéndez,  estivo onte nas instalacións da fábrica Orinoquia e na súa visita dixo: 

"O valor da eficiencia estase construíndo de xeito distinto, non é unha eficiencia baseada na explotación dos traballadores",  O ministro engadiu que Orinoquia conta coa participación directa das comunidades populares de Petare (o bairro máis populoso de Latinoamérica), para o desenvolvemento e execución dos seus programas industriais, e engadiu que "a solidariedade do pobo está plasmado no proceso de produción".

O ministro dixo que Orinoquia era unha trincheira de batalla na guerra económica que libra o socialismo do século XXI contra o capitalismo: "Estamos librando unha batalla económica (...) Mentres que o capitalismo pecha fábricas, a revolución bolivariana abre e constrúe empresas e aumenta a capacidade de empregos", rematou o ministro.


Ligazóns

4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: