Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Libros e internet

Galebook: a literatura galega xa ten lugar de encontro na rede

Plataforma de cultura dixital, selo editorial e rede social, todo a un tempo; "unha aposta firme pola nosa lingua como vehículo de transmisión de cultura e identidade".

Redacción - 13:00 29/06/2010

"Galebook é unha plataforma de cultura dixital galega, un selo editorial e unha rede social postos en marcha por un puñado de persoas moi relacionadas co mundo do libro. Editores, escritores, libreiros e lectores de aquí e acolá, todos cunha meta común: abrir un espazo galego de literatura na rede e facer unha aposta firme pola nosa lingua como vehículo de transmisión de cultura e identidade".

Así se presentan eles mesmos desde a súa web. Aínda están a dar os seus primeiros pasos, mais aseguran que "Galebook ten no peto unha manchea de proxectos que irán vendo a luz aos poucos, a medida que os anteriores vaian consolidándose".

Así, por exemplo, continúan a traballar no selo editorial propio, Editorial Galebook, "orientado á publicación de novos autores galegos (con obras tanto en galego como en castelán) en formato electrónico e papel", comentan.

"Viñemos para quedarnos, para dar unha resposta con acento galego á revolución tecnolóxica na que estamos inmersos e para utilizar a rede como altofalante da nosa sensibilidade compartida", afirman, e din: "Para dar forma a esta rede social galega de cultura, contamos contigo, coas túas suxestións, críticas, comentarios e apoio. Esta rede, ao cabo, non ten sentido sen ti".


4.5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: