Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Texto recortado polos maxistrados

O Estatut de Cataluña xa é de "nación" mais dentro da "indisolúbel unidade de España"

O Tribunal Constitucional aproba logo de tres anos e medio de deliberacións a sentenza por seis votos a catro.

Redacción - 20:05 28/06/2010
O TC recortou o texto referendado

O TC recortou o texto referendado

O pleno do Tribunal Constitucional aprobou logo de tres anos e medio de deliberacións a sentenza sobre o Estatuto de Cataluña por seis votos a catro, que avala a maioría dos artigos impugnados polo PP a cinco meses das eleccións catalás, segundo informa a axencia EFE.

Na súa sentenza, o TC non declara inconstitucional a definición de Cataluña como "nación" que figura no preámbulo do Estatut, ao considerar que o preámbulo en ningún caso é xuridicamente vinculante. No entanto, remarca a "indisolúbel unidade de España como nación", apelando á Constitución española, segundo informa Europa Press.

Segundo fontes do tribunal citadas por diversos medios, o texto declara inconstitucional perto de 14 artigos, interpreta ao redor doutros 24 e avala o resto dos 245 artigos e disposicións cos que conta o texto catalán.


Máis información


Ligazóns

3.36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: