Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PROMOVIDO POLA MESA POLA NORMALIZACIÓN

Nace o distintivo empresarial 'Abertos ao Galego'

O catálogo de compañías que apostan pola lingua xa conta con 62 empresas, mais está aberto á incorporación de moitas máis.

Redacción - 11:04 21/06/2010

O galego non é unha barreira para as empresas, mais ó contrario, a lingua pode converterse nunha ferramenta comercial máis. Baixo esta premisa, a Mesa pola Normalización Lingüística presenta o seu proxecto 'Abertos ao Galego', co obxectivo de crear unha rede de empresas que apostan pola lingua de Galiza. Ante o que considera un "deixamento de funcións" por parte da Administración, "cando non manifesta agresividade", di Carlos Callón, o colectivo cultural retoma este proxecto, agora reformulado, ao carecer de axuda gobernamental ningunha.

A Mesa concederá este distintivo ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego. Calquera entidade interesada en formar parte do proxecto só ten que cumprir tres requisitos: ter unha disposición favorábel ao uso do galego; analizar a súa situación lingüística, a través dunha ficha que fornece A Mesa; e proporse obxectivos de mellora, así como pagar a cota mínima de 48 euros anuais para ostentar o certificado, que se destinarán a xestión e desenvolvemento do propio proxecto.

Empresas xa acreditadas
A Cova da Terra, A Reixa, Parques Galopín, Larpeiradas Anxo, O Zapateiro, Xamóns A Paradanta... e así até un total de 62 empresas, que van dende xoiarías até pubs, pasando por tendas de roupa, librarías, xestorías, editoras ou adegas, entre outro tipo de empresas xa contan con este distintivo. Segundo subliña Carlos Callón, esta iniciativa pretende dar resposta a eses "segmento social que desexa optar por un consumo respnsábel que teña presente o apoio a aqueles proxectos nos que se respecten os nosos dereitos lingüísticos".

O certificado nace con catro graos diferentes: "O Nivel Un é para quen está a dar os primeiros pasos; o Nivel Dous para quen xa utiliza o galego cara ao exterior; o Nivel Tres para quen tamén o usa internamente (nóminas, contabilidade, etc); e o Nivel Catro para aquelas entidades que ademais participan de forma especial en dinamizar o uso da lingua (solicitando a información e a documentación en galego a provedores e administracións).


Ligazóns

4.82/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: