Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premio de Honor das Letras Catalás

"A lingua catalá non ten que pedir permiso por existir", di Jaume Cabré

Cun discurso a prol do idioma propio e falando a prol da independencia política de Cataluña, recolleu galardón o homenaxeado.

Redacción - 13:30 15/06/2010
Jaume Cabré

Jaume Cabré

"Quero que a lingua catalá estea en situación de igualdade cando menos con outras linguas de igual peso demográfico, que non teña que pedir perdón nin permiso por existir, que sobreviva á globalización uniformizadora". Sen pelos na lingua falou o creador Jaume Cabré á hora de recibir esta semana o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes.

Cabré expresou o seu apoio á arela dunha Cataluña independente e referiuse ao ciclo de consultas populares que teñen lugar os últimos meses naquel país, censurando que España "prohiba que a xente poida expresar a súa opinión sobre este tema". Por outro lado, criticou os que "rin" cando se lles di que a literatura catalá, subliñou, "é sólida e pode pasear polo mundo". E mesmo tivo tempo para reprochar os "acríticos eloxios" que na súa opinión recibiu o recentemente finado Samarach.


4,55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: