Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
"NON HAI SANCIÓNS DA OIT PARA VENEZUELA"

Derrotada intención da patronal venezuelana de condenar ao Goberno na OIT

Foi rexeitada en Xenebra a proposta da patronal venezuelana, Fedecámaras,  de lograr unha condena ao Goberno venezuelano polas súas políticas na Comisión de Normas da 99º Conferencia da Organización Internacional do Traballo (OIT).  

Xurxo Martínez Crespo - 13:21 14/06/2010

O viceministro de Traballo de Venezuela, Elio Colmenares, asegurou que a patronal venezuelana, Fedecámaras, declaroulle a guerra ao pobo venezuelana desde o golpe de Estado do 11 de abril de 2002. 

É falso que a OIT aprobase enviar a Venezuela unha comisión para constatar e investigar as denuncias de Fedecámaras, tal como afirmou o representante da patronal ”, declarou o viceministro. Aclarou que a Comisión de Normas ofereceu asistencia técnica no caso de que o Goberno venezuelano así o precisase, tal como se dá a moitos outros Estados.

Non hai ningunha sanción para Venezuela por parte da OIT, o que indica que os representantes da patronal Fedecámaras, unha vez máis, quedáronse agardando a condena contra o noso país,  condena que non se produciu. Venezuela recibiu o apoio dos 33 Estados que conforman o Grupo Latinoamericano e do Caribe (Grulac), así como múltiples manifestacións de respaldo e respecto doutros gobernos do mundo, como as expresadas por Rusia, China, Bielorrusia, Vietnam, Siria, Irán e Alxeria, entre outros”, engadiu o viceministro de Traballo venezuelano.

Unha patronal sen respaldo


Fedecámaras continúa insistindo en voltar ao pasado, aos tempos cando non había inamovilidade (laboral) e os salarios mantíñanse conxelados e as pensións eran case inexistentes, cando se despedía masivamente aos traballadores, cando tampouco había controis do Estado sobre a economía e cando as privatizacións, como a da seguranza social, o latifundio e o auxilio aos banqueiros eran promovidas como políticas de Estado”, puntualizou.

O viceministro Colmenares engadiu que "Fedecámaras, ante a Comisión de Normas da OIT, recibiu o rexeitamento de importantes organizacións sindicais do mundo presentes na xuntanza e as políticas sociais e económicas da Revolución Bolivariana foron presentadas e defendidas pola delegación de traballadores venezuelanos encabezada pola Unión Nacional de Trabajadores (Uneche), coma un exemplo e unha alternativa á crise mundial do capitalismo.”

Así mesmo, Colmenares explicou sobre os adiantos no traballo doutras comisións de traballo da Conferencia.

Sinalou que no caso da Comisión de Traballo Decente para Traballadores Domésticos, logrouse unha importante alianza entre diversas delegacións de traballadores e gobernos progresistas para aprobar que se discutise a adopción dun convenio.


Ligazóns

3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: