Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN ESTRATÉXICO DA XUNTA

Feijoo promete a converxencia con Europa para o 2020

A Xunta xestionará 46 mil millóns de euros nos vindeiros catro anos, cos que pretende lograr a "segunda modernización" de Galiza.

Redacción - 18:06 07/06/2010

“Cada euro público terá un rendemento social ou económico para os galegos”, dixo Alberto Núñez Feijoo na presentación do Plan Estratéxico 2010-2014. Con este proxecto co que pretende impulsar a “segunda modernización” de Galiza, a Xunta xestionará uns 46.664 millóns de euros que, nas súas palabras, farán medrar o Produto Interior Bruto (PIB) até o 1,5% a partir de 2012. O obxectivo final será o de acadar en 2014 o 95% do PIB da Unión Europea e a “converxencia total” en 2020.

Unha Galiza á que aspirar
O plan, que Feijoo cualificou como “realista”, combina medidas e políticas a curto e longo prazo e susténtase en tres prioridades concretas: “a economía do coñecemento, a dinamización e a sostibilidade”. “Volveremos a responder con transparencia a dúas preguntas”, dixo Feijoo, “que Galiza temos, que Galiza queremos e a cal podemos aspirar”.

Sen detallar en profundidade o calado deste plan, o presidente da Xunta avanzou que contará con “máis de 100 medidas e máis de 600 indicadores económicos”. Na procura do crecemento económico, o proxecto “conta cun modelo único de xestión e con cinco itinerarios marcados: cohesión social, benestar e calidade de vida; dinamización económica, crecemento e emprego; economía e coñecemento; sostibilidade ambiental e equilibrio territorial; e Administración austera, eficiente e próxima ao cidadán”.

Agora o Plan Estratéxico será presentado nas mesas do diálogo social “para incorporar achegas que melloren a proposta inicial” e no Parlamento. Ademais, para garantir o seu cumprimento, o Goberno prevé estabelecer mecanismos de “seguimento e control”.

Acabado de presentar, o devandito Plan xa recibiu as críticas da oposición. O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou que “non contén ningunha actuación nova”, senón que unicamente “empaqueta medidas” xa previstas nos orzamentos”, que “multiplica por catro” xa que ese é o seu período de vixencia.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: