Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

A Xunta aplicará este mes o recorte salarial nas nóminas dos funcionarios

A medida tamén lle afectará aos traballadores de todos os entes dependentes de San Caetano.

Redacción - 18:20 03/06/2010

Cando a final de xuño os traballadores da Xunta reciban as súas nóminas van comprobar que o seu soldo se reduciu unha media dun 5%. O Consello da Xunta referendou este xoves o decreto do goberno español para o recorte do gasto público. A medida vaille afectar directamente a 93 mil traballadores, tanto  funcionarios como persoal doutras empresas públicas dependentes de San Caetano, “para que non haxa discriminacións”, asegurou o presidente Núñez Feijoo.

Na reunión do executivo tamén se acordou o recorte nos salarios dos altos cargos autonómicos. Así, o presidente da Xunta cobrará dende este mes un 15% menos, os conselleiros un 10% e outros altos cargos, como é o caso dos secretarios ou directores xerais, verán reducidos os seus salarios un 8%. Con esta decisión, o presidente vai percibir 71.961 euros cada ano e cada conselleiro cobrará 62.805 euros.

A pesar de aplicar a receita do goberno español, o presidente aproveitou a súa comparecencia diante dos xornalistas para sinalar que “os recortes non son para solucionar a crise, senon o déficit público creado pola improvisación do goberno español, pola súa falta de austeridade nos últimos seis anos”.


2.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: