Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

A Academia da lingua española confunde 'estado' con 'nación'

A RAE mudou a definición de “nacionalidade” no avance dixital da súa próxima edición. Os partidos nacionalistas xa exixiron unha rectificación.

Redacción - 12:00 30/05/2010

'Condición e carácter peculiar dos pobos e habitantes dunha nación'. Esa era, até o de agora, a definición que a Real Academia Española (RAE) ofrecía do termo “nacionalidade” na súa primeira acepción. Porén, no avance dixital da que será a próxima edición deste dicionario de referencia, esta definición muda por outra como a que segue: “Condición de pertenza a un Estado por razón de nacemento ou naturalización”.

Este cambio xa foi denunciado por diferentes dirixentes nacionalistas do Estado Español, como o portavoz de CIU no Congreso, Josep Antoni Duran i Lleida, quen dixo que, con decisións coma esta a Real Academia está a “facer política”. Tamén se manifestou Joan Ridao (ERC), quen entendeu que a institución lingüística “quere eliminar calquera vestixio de concomitancia entre nación e nacionalidade”, ou portavoces do PNV e Esquerda Unida.

Unha vez xerada a polémica, a RAE recoñeceu que tivo “un erro” que, asegurou, quedará corrixido antes do verán. Deste xeito confirmou que na próxima edición do seu dicionario manterá como primeira definición a que figura no actual.


Ligazóns

4.64/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: