Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"No seu momento"

Zapatero avanza que subirán os impostos ás rendas máis altas

"Calquera cidadán pode pensar que os que máis teñen fagan un maior esforzo", dixo, mais non precisou cando.

Redacción - 12:05 19/05/2010
Zapatero, na cimeira en Madrid

Zapatero, na cimeira en Madrid

O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, avanzou esta cuarta feira que "no seu momento" os impostos as rendas máis altas serán incrementados. "Calquera cidadán pode pensar que os que máis teñen fagan un maior esforzo", sinalou, aínda que non precisou cando.

Zapatero realizou o anuncio no marco da cimeira entre a UE e Latinoamérica e Caribe aínda que asegurou que a decisión se tomará cando o Executivo que preside "considere oportuno" e así que se analice a evolución do plan de axuste anunciado hai unha semana.

Ademais, o mandatario insistiu en que a revisión non vai afectar "a maioría de impostos nin as clases medias".


3.38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: