Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DÍA DAS LETRAS 2010

“Novoneyra é un cataclismo determinante”

A poeta ourensá, afincada na comarca do Deza, resalta a importancia dun autor que considera fundamental dentro da historia da Literatura Galega.

Redacción - 11:00 14/05/2010
Tags:
Chus Pato

Chus Pato

Chus Pato recorre a unha imaxe máis que poderosa para describir o que significa Uxío Novoneyra: “Para que se formen os continentes ten que suceder un cataclismo e Novoneyra é un cataclismo que como todo cataclismo o que evidencia é a desaparición de algo que ao desaparecer se mostra como inmortal”. Pato non aforra adxectivos para describir a importancia dun autor que conecta o Pobo (con maiúsculas) que é co que quere chegar a ser.
Cando lle pedimos un poema favorito non o dubida e pide dous. Desexo concedido. Chus escolle un poema que cre máis achegado a ela: 'Vietnam Canto', mais tamén 'Cousos do lobo', que cre que é un retrato do propio Novoneyra:

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
Onde ninguén foi nin ha de ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
Movendo nas flairas dos teixos
Ruxindo na folla dos carreiros
En busca da vagoada máis sola e máis medosa...
Rastrexa
Párase e venta
Finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
Con toda a sombra da noite na boca...


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: