 
Funcionarios do Instituto Venezolano de los Seguros Sociales (IVSS) visitarán o Estado español para revisar a atención aos xubilados venezuelanos, actualizar datos e informar a futuros pensionistas.
Funcionarios do IVSS visitarán do 17 ao 21 de  maio os consulados de Madrid, Vigo e Tenerife co obxectivo de deseñar  un operativo especial de atención aos xubilados venezuelanos que  residen no Estado español, segundo informou a embaixada de Venezuela en Madrid através dun comunicado.
O director xeral de Afiliación e Prestacións  en Diñeiro do Instituto Venezolano dos Seguros Sociais, Abel Mercado,  explicou que o propósito desta visita a varias localidades do Estado español é  actualizar os datos dos pensionistas nos consulados indicados. Nestes  momentos, o convenio bilateral entre o Estado español e Venezuela beneficia  a 2802 pensionistas, dos que 459 deben pór ao día os seus datos. Cómpre salientar que debido ao control de cambio en Venezuela, a República de Venezuela só está enviando as pensións en divisas cara ao Estado español, e non cara a Italia e Portugal, países cunha grande colonia de venezuelanos xubilados de orixe italiana e portuguesa. 
 Abel Mercado recibirá as  novas solicitudes de adhesión a este convenio e a documentación  necesaria para realizar os trámites, asesorarando aos novos  pensionistas que desexen información. Mercado terá unha xuntanza con representantes do Banco Santander, entidade  financeira que se encarga do pagamento das pensións venezuelanas no Estado español.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto