Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SEGUNDO O PARTIDO PATRIA PARA TODOS

"A polarización é unha trampa"

O deputado do partido Patria Para Todos (PPT), Gustavo Hernández,  afirmou que a oposición, Mesa de la Unidad Democrática e o partido de Goberno, PSUV, coinciden en tratar de polarizar á poboación venezuelana nun escenario no que un amplo sector da cidadanía, non cre no partido de goberno nin tampouco na oposición.

Xurxo Martínez Crespo - 11:33 10/05/2010

Inténtase, segundo o deputado Gustavo Hernández, mergullar aos venezuelanos nunha campaña a favor ou en contra dun ou doutro bando. Preténdese, afirmou, crear unha polarización electoral artificial, cando todos os estudos de opinión indican que política e socialmente, Venezuela non está polarizada. “Tanto o PSUV como a MUD, fan esforzos desesperados para que Venezuela novamente se divida en dous. Todo este circo das eleccións internas non ten outro propósito que o de intentar repolarizar o país. Nós no partido Patria Para Todos (PPT) cremos que é indispensábel que os cidadáns voten reflexivamente; cada un dos electores debe pensar moi ben o seu voto e, polo ben do país, deben escoller os mellores candidatos. A polarización é unha trampa que lle fixo un enorme prexuizo a Venezuela, que induce aos venezuelanos a votar automaticamente por un sector ou outro, sen facer unha valoración axeitada dos representantes populares”.

O deputado Gustavo Hernández sinalou que os actuais deputados están obrigados a render contas da súa xestión parlamentar ante os cidadáns. Informou que a deputada polo estado Carabobo á Asemblea Nacional, Laura Valls, coma todos os deputados do seu partido, renderon contas da súa xestión nun acto público que se realizou o 8 de maio na cidade de Valencia.

Os chamados “socialistas azuis” do partido Patria Para Todos presentarán candidatos que expresen o mellor da sociedade venezuelana, no campo político, académico, intelectual, científico e da loita social, finalizou o deputado.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: