Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Votación no Parlamento

PP e PSOE deixan a porta aberta aos transxénicos

Rexeitan a iniciativa do BNG para declarar Galiza "zona libre" destes cultivos. Os nacionalistas acúsanos de privilexiar "os intereses das grandes multinacionais".

Redacción - 13:45 06/05/2010
Tareixa Paz, voceira do BNG na Comisión de Agricultura do Parlamento

Tareixa Paz, voceira do BNG na Comisión de Agricultura do Parlamento

"Non se poden antepoñer os intereses das multinacionais sobre a saúde humana". Advertíao Tereixa Paz, deputada do BNG, durante a súa intervención este mércores na Comisión de Agricultura do Parlamento. A voceira do Bloque insistiu en que a súa formación non se opón aos avances da biotecnoloxía mais si "en contra de que se antepoñan os intereses das grandes multinacionais que promoven os cultivos transxénicos sobre o principio de precaución, que aconsella antepoñer a protección da saúde humana e do medioambiente cando, caso dos cultivos transxénicos, aínda non se coñecen os seus efectos negativo".

A proposición de lei do BNG instaba a Xunta a declarar Galiza como "zona libre de cultivos transxénicos na produción de produtos tanto destinados á alimentación humana como á animal". De paso, convidaban a que o noso país participase nas accións da Rede de Rexións Europeas que se declaran libres de cultivos transxénicos e a impulsar todas aquelas medidas orientadas ao estabelecemento de mecanismos para "impedir a produción en Galiza de cultivos modificados xeneticamente destinados á alimentación". A maiores, solicitábase que o Goberno deseñase normas que outorgasen a máxima protección aos cultivos convencionais e ecolóxicos. Tereixa Paz cualificou de "falacia" os argumentos a prol dos transxénicos que os defenden como xeito de incrementar as colleitas "e axudar a erradicar a fame no mundo". "Só traen máis empobrecemento", censurou. A iniciativa foi tombada polo voto conxunto de PP e PSOE.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: