Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Difusión por internet

Nace un selo discográfico dixital galego con vocación internacional

Tullido Records, fundado por tres picadiscos do país, terá unha delegación en Suíza e o apoio de grandes nomes da música de baile.

Redacción - 13:35 27/04/2010

Un novo selo discográfico dixital, que aspira a converterse nun dos "máis importantes do panorama mundial" acaba de nacer en Galiza. O seu nome é Tullido Records, e está formado polos DJ's Frisco Taibo, Arturo Vaquero e Marcos Peón.

O selo pretende promocionar e vender creacións propias, novas producións e colaboracións a través dos principais portais de venda por internet, entre eles Beatport. Así, anuncia que terá unha delegación en Suíza para captar artistas de Centroeuropa.

Tullido Records está especializado na música de baile. Así, vai promover tanto as producións dos tres DJ's galegos que impulsan o selo como as de picadiscos internacionais, que xa confirmaron a súa disposición a participaren no proxecto. Entre eles están nomes como o de Guru Josh Project, Carlos Gallardo, Jesse García, Jason Rivas, Ricardo Reyna ou Paco Pil.


3.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: