Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XOGO

A sorte vai de folga

Por vez primeira na historia, as administracións de lotaría están convocadas a un peche contra o que consideran un paso cara a “privatización”.

Redacción - 11:17 21/04/2010

Nos 250 anos de historia, nunca as administracións de lotaría do Estado Español protagonizaran un paro como forma de protesta. Os máis de catro mil establecementos existentes están chamados ao “paro patronal” contra a decisión do goberno estatal que cambia o réxime de concesións por outro baseado nos contratos mercantís privados.

Dende o executivo de Rodríguez Zapatero defenden os cambios alegando que as medidas son racionais e melloran un modelo de xestión “case feudal”. Pola súa parte, dende a maior parte das asociacións de loteiros (Anapal, Apla e Fenapal) aseguran que a decisión do executivo é un paso para “privatizar de costas á sociedade os xogos do Estado”. Sindicatos como UXT e CC.OO apoian as reivindicacións dos loteiros porque temen que os cambios lle abra as portas ás grandes empresas coas que os loteiros non poderán competir.

Cos cambios, as administracións perderán a exclusividade na venda de décimos de lotaría xa que estes tamén poderán mercarse en terminais automáticas ou por internet. As lotarías e apostas do Estado permitíronlle ingresar o ano pasado a Facenda 2.900 millóns de euros de forma directa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: