Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIRO Á DEREITA?

O goberno español marca na axenda abaratar o despedimento

O executivo avoga por xeralizar unha indemnización de 33 días por ano traballado. Os sindicatos alertan de que precarizará máis a situación dos empregados.

Redacción - 10:27 13/04/2010

O goberno de Rodríguez Zapatero ten interiorizado que ou é quen de diminuír os máis de 4,1 millóns de parados ou a vitoria da dereita en 2012 será un feito. O gran problema ao que se enfronta o executivo español é o xeito de afrontar unha reforma laboral que pode deixar no camiño boa parte do capital de votos de esquerda.

As voces que dentro do PSOE apostan por buscar novas receitas gañan terreo. O mellor exemplo é que este mesmo luns o goberno entregoulle aos sindicatos un borrador para a reforma que se traduce nun xiro importante coa política anterior. Zapatero propón importar o chamado modelo austríaco (tamén aplicado en Suíza): O sistema consiste en que as empresas crean un fondo de indemnización por despedimento que os traballadores poden levar canda si ao seu novo posto laboral ou cobralo cando se xubile.

Mais o executivo español fai pivotar a súa proposta noutros dous eixos: o abaratamento das rescisións de contrato e a inxección (“con carácter transitorio e excepcional”) de fondos públicos para costear parte deses despedimentos. Os asesores económicos de Zapateros propoñen que se xeralicen os 33 días de despedimento por ano traballado (fronte aos 45 de indemnización máxima).

O goberno quere ter un acordo con sindicatos e patronal antes de que remate o mes de maio. O borrador presentado este luns xa recibiu as críticas de CC.OO que considera que é un paso para “precarizar aínda máis” a contratación. Pola súa parte a patronal cre que a reforma ten que ser máis profunda. A este respecto cabe lembrar que nos últimos meses diferentes representantes dos empresarios avogaron por un modelo que contemplase 20 días de indemnización por ano traballado.
 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: