Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quince anos despois do masacre

O Parlamento serbio acorda unha desculpa oficial pola matanza de Srebrenica

Aprobado logo dunha tensa sesión, o documento indica que Serbia debería ter feito máis para impedir o masacre pero evita cualificalo de xenocidio.

Redacción - 09:00 31/03/2010

"O Parlamento de Serbia condena enerxicamente o crime cometido contra a poboación musulmá bosníaca de Srebenica en xullo de 1995", expón o texto aprobado, ofrecendo "condolencias e desculpas aos familiares das vítimas, porque non se fixo todo o posíbel para evitar a traxedia".

O Parlamento serbio aprobou así esta resolución en lembranza do asasinato de arredor de 8 milleiros de persoas hai case quince anos, logo de máis de doce horas de tensas negociacións entre os grupos da Cámara e cunha axustada maioría e estando ausentes máis da cuarta parte dos deputados.

Desde a coalición gobernante agardan que este paso sirva para pechar un tráxico capítulo na historia dos Balcáns "outorgándolle respecto a vítimas inocentes" e "quitándolle a carga a xeracións futuras". O executivo considera tamén que é un chanzo simbólico importante no camiño para reconstruír a imaxe de Serbia no novo escenario e no camiño da procura da adhesión á Unión Europea. Con todo, desde a oposición xurdiron voces que definiron de "humillante" a resolución e reclamaron que a resolución incluíse denuncia de crimes cometidos por bosníacos e croatas durante o anterior período de guerra.

Para ampliar:


3.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: