Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

O PSdeG acusa a Feijoo de mentir e de danar o noso sistema de aforro

Os socialistas afirman que a Xunta “non fixo unha lei para Galiza, senón para o PP”, e para conseguir “de maneira ilegal” unha fusión das caixas.

Redacción - 16:30 06/03/2010

“Feijoo meteu a este país nun camiño sen saída no sistema financeiro”. Esta é a opinión de Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG, quen asegurou esta fin de semana que o presidente da Xunta “está contando o contrario do que realmente está pasando” no debate da Lei de Caixas.

Ao respecto da decisión da Xunta de mudar os cinco puntos rexeitados polo goberno español, advertiu que “agora estamos recuperando o camiño da normalidade” e amosouse convencido de que “hai unha vontade por parte do goberno español para chegar a un acordo”. Con todo, dixo: “eu creo que o tempo porá a cada un no seu sitio” ao tempo que acusou a Feijoo de dar “datos erróneos” para confundir a Galiza: “Feijoo sabe exactamente o que está pasando e está contando xusto o contrario, nunha clara busca demagóxica dun populismo”.

Doutra banda, Vázquez asegurou que non se reuniu “ultimamente” co secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, quen está á fronte das conversas co Goberno, se ben recoñeceu que fala habitualmente por teléfono con el “e con todos os membros do PSOE de Ferraz”.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: