Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROCESO XUDICIAL

Catro entidades galegas, entre as denunciadas por Adicae por hipotecas abusivas

Caixa Galicia, Caixanova, o Banco Pastor e o Banco Gallego manteñen xuros de entre o 3,25 e o 4,5% malia a baixada do Euribor.

Redacción - 19:30 19/02/2010

A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (Adicae) presentou este venres unha denuncia contra 19 entidades financeiras, entre elas catro galegas, por contaren con cláusulas "abusivas" de chan nas hipotecas.

A denuncia, interposta nun xulgado de Madrid, está apoiada por 200 persoas usuarias, das que unha décima parte son galegas. Segundo o presidente de Adicae en Galiza, Agenor Gómez, as entidades galegas denunciadas son Caixa Galicia, cun chan do 3,25%; Banco Pastor, co 4%; Banco Gallego, co 3,5%, e Caixanova, co 4,5%.

Gómez explicou que esas cláusulas impiden que as hipotecas baixen, malia "un Euribor en mínimos históricos". Tamén calculou que "cun empréstito por importe de 200 mil euros a 30 anos e unha cláusula do 3,5%, as perdas este ano son de dous mil euros", o que lles afecta "ao 90% das hipotecas asinadas nos últimos tres anos".

Adicae aspira a agrupar todas as persoas afectadas e denunciar o que considera unha "práctica estendida" entre as entidades de aforro "e que demostra que os bancos e as caixas no Estado Español queren facerlles pagar a crise financeira aos consumidores máis endebedados e con graves problemas nas hipotecas". Ademais, a asociación asegura que, a pesar da sanción continua polos tribunais "ás cláusulas e condicións abusivas non disuade as entidades de continuar con ilegalidades manifestas".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: