Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Viva esta alegría!'

O Goberno Feijoo 'patrocina' a cultura flamenca no Brasil

A web do Centro Espanhol de Santos promociona cursos de lingua castelá e flamenco entre bandeiras 'rojigualdas'

Redacción - 17:30 18/02/2010
Unha das imaxes promocionais da web

Unha das imaxes promocionais da web

Grazas ao Tumblr de Lume descubrimos a web do Centro Espanhol de Santos (Brasil), que amosa o logotipo da Xunta de Galicia, da que recibiu axudas. Mais parece promover máis ben a cultura española, especialmente a máis tópica, entre a cidadanía do país americano.

Xa de entrada, a páxina recíbenos cun rechamante deseño de cores vermella e amarela co expresivo lema de "Viva esta alegria!" e actividades como "Cursos de espanhol", ou de baile flamenco. Se nos mergullamos na web, descubriremos a existencia do seu grupo de baile, nun principio chamado Semente Nova e despois reconvertido a Caminos de España, acompañado da banda de gaitas Lostregada.

Aínda que non oferta cursos de galego e si de castelán, permite escoller entre bailes do país ou flamenco, ademais de ofrecer a posibilidade de asistir a aulas de gaita de fol.



1.67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: