Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"CÚMULO DE DESPROPÓSITOS"

Acusan a Xunta de estragar o Xacobeo como oportunidade contra a crise

Os socialistas culpan directamente a Consellaría de Cultura de "improvisación" e de ser a responsábel última da caída de reservas hoteleiras.

Redacción - 18:01 13/02/2010

As seis primeiras semanas do Ano Xacobeo están a ser unha auténtico desastre dende o punto de vista económico. Isto é o que sostén o PSdeG que considera que o goberno Feijoo está a estragar un recurso turístico de primeira magnitude en tempos de crise. A deputada socialista María Quintas subliñou que o "cúmulo de despropósitos" do executivo á hora de planificar este evento prexudica a imaxe de Galicia.

Quintas puxo como exemplo que o Plan Corrector de Camiños (dotado con 12 millóns de euros) está a estas alturas sen executar e pendente do proceso de adxudicación. A parlamentaria apuntou directamente ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a quen lle botou en cara o "desprezo absoluto polas empresas culturais e tamén polo audiovisual galego" por terlle contratado o Plan Estratéxico de Comunicación a unha empresa foránea.

Dende o PSdeG tamén consideran que a crise económica non pode ser escusa para que este ano non haxa un macrofestival rock de tres días. Como exemplo puxo o feito de que nos anos 90 tamén había unha importante recesión e a programación seguiu adiante con éxito.

Como resultado da "improvisación", a oposición sinala que, neste primeiro mes e medio, hai un claro descenso na ocupación hoteleira e no número de viaxeiros con respecto a celebracións xacobeas anteriores.


4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: