Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En Mondariz Balneario

500 peneiras para 25 anos

O xornal celebra o seu cuarto de século e o seu medio milleiro de números coa publicación dun libro que recompila artigos publicados na súa historia.

Redacción - 18:11 05/02/2010

A Peneira celebra este venres a saída do seu número 500 coa publicación dun libro. A publicación preséntase no hotel Mondariz, de Mondariz Balneario, durante unha gala presentada por Amparo Rodríguez e na que se repasarán os 25 anos do xornal. No acto intervirán o doutor en Políticas Miguel Barros e mais o director da empresa editorial, Guillermo Rodríguez.

Alén Miño, editora do Grupo A Peneira, lanza á rúa o libro, de 140 páxinas, e que recolle unha escolma de artigos asinados por políticos como Alberto Núñez Feijóo, Ceferino Díaz, Santiago Domínguez Olveira ou Alfonso Rueda; xornalistas como Caetano Díaz, Xosé Luís Gómez, Xosé Manuel Rey Nóvoa ou Xan Carballa; historiadores como Uxío Breogán-Diéguez, Francisco Carballo ou Xoán Bernárdez Vilar; o escritor Xesús Alonso Montero, o compositor Rogelio Groba, o editor Henrique Alvarellos, e debuxantes como Pepe Carreiro, Xaquín Marín ou Xosé Lois.

A publicación sintetiza a evolución da sociedade do país no último cuarto de século, enfocada dende un punto de vista multidisciplinar. A Peneira sérvelles de eixo central a estes relatos que serven de espello das mudanzas de Galiza.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: