Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prol dun escenario financeiro "propio"

"Galiza ten dereito a un sistema financeiro eficiente ao servizo do país"

PPdeG, BNG, a Confederación de Empresarios e os sindicatos UXT, CIG e CCOO asinan un manifesto conxunto onde subliñan que Galiza "ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas".

Redacción - 11:40 05/02/2010
Afonso Rueda (PPdeG) e Guillerme Vázquez (BNG), asinantes do manifesto en representación das súas formacións

Afonso Rueda (PPdeG) e Guillerme Vázquez (BNG), asinantes do manifesto en representación das súas formacións

Inédito consenso que este venres reuniu no Parlamento as voces de PPdeG, BNG, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os tres principais sindicatos, UXT, CIG e CCOO, arredor dun texto conxunto, o manifesto titulado "Galicia ten dereito". O documento carga contra a resposta do goberno español á reforma da lei de caixas aprobada no Parlamento de Galicia e preséntase no mesmo día onde previsiblemente se confirmara desde Madrid a presentación do recurso contra esta reforma por parte do executivo estatal.

"A resposta do goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galicia que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas", expón o manifesto. "Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galicia ficaría sen sistema financeiro propio, perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico", advirten os asinantes.

"Conscientes da gravedade da situación", os partidos e axentes sociais asinantes expoñen por isso tres reclamacións fundamentais. O primeiro punto: "Galicia ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno: é vital, por tanto, preservar a Lei de Caixas de Galicia".

E remata o documento:

"Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro dos galegos (...) Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar o desenvolvimento doutros territorios". "Galicia debe defender o seu. Ten dereito".


Ligazóns

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: