Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Simposio Internacional Ecolingua 2009

Anxo Lorenzo: "Non é doado atopar concordia política en temas de lingua"

Por outra banda, o PSdeG advirte de que o novo decreto para o uso do galego no ensino "rematará en recurso" de supor "un ataque" contra a lingua.

Redacción - 11:00 19/12/2009
Anxo Lorenzo

Anxo Lorenzo

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recoñeceu este venres que "non é doado atopar momentos de fácil concordia política en asuntos de lingua", aínda que avogou por lograr "compartir unha valoración común" para xerar unhas pautas básicas "que garantan unha axeitada acollida das medidas" en materia lingüística.

Durante a súa intervención no Simposio Internacional Ecolingua 2009, Lorenzo incidiu en que é importante que se faga unha reflexión dende as forzas políticas, dende as institucións e dende os axentes que actúan no proceso de difusión do galego sobre "os acertos e desacertos do camiño andado, sobre o modo de presentación de iniciativas dinamizadoras ante a sociedade e sobre os modos de implicación da sociedade neste proceso".

Nesta liña, Anxo Lorenzo pediu "responsabilidade" aos voceiros políticos para despois destacar a importancia de que o galego "reforce o seu valor" para a "cohesión social", e sexa percibido como elemento útil para a sociedade. 



PSdeG: "Colar baixo o turrón un novo ataque ao galego"

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, advertiu de que o novo decreto para o uso do galego no ensino "rematará en recurso" en caso de que supoña "un ataque" á lingua propia do país, algo que, segundo afirmou, os socialistas "non consentirán".

Na súa intervención ante o Comité Nacional Galego, o líder do PSdeG delimitou tres pautas sobre as que debe asentarse o novo decreto, isto é, a Constitución española, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística; e insistiu en que "calquera alteración ou conculcación" destas bases "rematará en recurso".

"Non consentiremos que xoguen coa nosa lingua", proclamou, ao tempo que reprobou que o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, trate de "colar baixo o turrón un novo ataque ao galego" que presentará, segundo os seus cálculos, o próximo 23 de Nadal.

"Que non nos colla distraídos", arengou, e chamou "todos os cidadáns do país" a "premer" para evitar "un só movemento de ataque". Así mesmo, deixou claro que os socialistas galegos "non permitirán outro alarde de inconsecuencia" e sinalou que "hai cousas coas que non se pode estar a bailar".


Ligazóns

2.2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: