Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Bella Center, pechado

A Policía de Copenhaguen repele con gases os activistas do Klimaforum

Por outra banda, a ministra danesa Coni Hedegaard anunciou que deixaba a Presidencia da Cimeira do Clima.

Redacción - 14:00 16/12/2009
A ministra danesa Coni Hedegaard

A ministra danesa Coni Hedegaard

Arredor de 200 persoas foron detidas esta cuarta feira pola mañá fronte ao Bella Center de Copenhagen, o centro de convencións onde se celebra a Cimeira Mundial do Clima. Movementos sociais que participan estes días no contracumio Klimaforum pretendían acceder ao aparcadoiro das instalacións para organizar unha asemblea.

Porén, a Policía danesa impediu o acceso, unha vez máis, con estrema contundencia. Segundo sinalou un voceiro das Forzas de Seguridade a axencias, "os disturbios" continuaban á media mañá, ao tempo que en medios internacionais desmentían "ter usado gases, mais si sprays" contra os manifestantes.

No entanto, correspondentes doutros medios estranxeiros como a BBC confirmaron o uso de gases lacrimóxenos.

Por outra banda, a ministra danesa Coni Hedegaard anunciou que abandonaba a Presidencia da Cimeira do Clima en substitución do primeiro ministro do país, Lars Lokke Rasmussen. Hedegaard non vinculou a súa renuncia cos acontecementos dos últimos días.


Ligazóns

4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: