Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AÍNDA QUE MOSTRA O APOIO Á UNIÓN

Xosé Blanco insiste en que non se deben “pechar portas” a outros posíbeis modelos de caixas

O ministro de Fomento afirma que se a fusión de Caixa Galicia e Caixanova non é viábel hai “outras alternativas”.

Redacción - 13:21 05/12/2009

Xosé Blanco pediulle este sábado ao presidente da Xunta que non “peche portas” a modelos diferentes aos da fusión entre as dúas caixas galegas. O ministro considera que se non é posíbel un acordo entre as dúas entidades hai “outras alternativas” que poden garantir a “galeguidade, competencia e solvencia” das entidades de aforro.

O político de Palas de Rei manifestou que desexa que Feijoo acerte coa súa proposta. Insistiu que o primordial é que non se perda cota de mercado, que se gañe solvencia e que non haxa traballadores que queden na rúa. Aínda así afirmou que “o único que me atrevo a suxerir, con todo o respecto, é non pechar as portas a outras alternativas que poidan garantir a galeguidade en caso de que esa proposta non sexa viábel”.

As declaracións prodúcense quince días despois de que o PPdeG insinuase que Xosé Blanco manobraba para unha fusión de Caixa Galicia con Caja Madrid, algo do que o ministro nunca falou abertamente. Quen si o fixo foi o dirixente popular e ex ministro español Cristóbal Montoro, que apostou publicamente por unha alianza deste tipo.

Descargas en internet
Durante unha visita institucional a Galiza, Blanco tamén se referiu á proposta de regulamentar as descargas en internet. Logo da polémica xerada, o ministro deixou claro que ao goberno español non se lle pasa pola cabeza pechar ningunha páxina electrónica sen autorización xudicial. Blanco cre que a proposta do Ministerio de Cultura “non foi ben entendida ou non foi ben explicada”.


2.14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: