Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
MARTES, 1 DE DECEMBRO, 19:30 H

"A imaxe de Galicia: os galegos e a lingua galega na España dos Austrias"

Conferencia do profesor e escritor Gonzalo Navaza Blanco na Universidade de Barcelona.

Filoloxía Galega da Universitat de Barcelona - 21:00 30/11/2009

Gonzalo Navaza Blanco (Lalín, 1957) é profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución na Universidade de Vigo. A súa actividade investigadora centrouse principalmente cara a lexicografía e a onomástica galega. É membro da Comisión de Toponimia, presidente da Asociación Galega de Onomástica e secretario do PEN Club de Galicia. Realizou diversas traducións para Edicións Xerais de Galicia e actualmente coordina a área de dicionarios desta editorial. Como escritor podemos salientar os seus poemarios A torre da derrotA (1992) ou Libra (2000) e as súas narracións Erros e Tánatos (1996), Elucidario (1999) ou Santos e defuntos (2001).


Martes, 1 de decembro de 2009, ás 19:30 h

Conferencia: "A imaxe de Galicia: os galegos e a lingua galega na España dos Austrias", a cargo de Gonzalo Navaza Blanco, profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución na Universidade de Vigo.

Edificio Histórico, Aula 108

Facultat de Filologia, Universitat de Barcelona

Gran Via de les Corts Catalanes, 585 - 08007 Barcelona


3.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: