A organización outorgoulle tamén o premio á difusión da lingua en Tabeiros-Terra de Montes a asociación A Fervenza de Ouzande.
Xosé Luís Franco Grande
Dende hai 19 anos entréganse na Estrada os premios San Martiño de Normalización Lingüística. Nesta ocasión, o padroado que leva a organización decidiu concederlle os galardóns ao escritor Xosé Luis Franco Grande (premio á normalización durante toda unha vida) e ao fiscal Carlos Varela (premio á normalización no ámbito galego). No apartado comarcal foi distinguida a asociación cultural A Fervenza de Ouzande.
O acto de entrega dos premios tivo lugar este xoves no Teatro Principal da Estrada.