Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
FESTIVAL DE CINE FANTASTICO E DE TERROR DE ESTEPONA

Curta venezuelana gaña premio de cine fantástico

Together forma parte da selección oficial da XX Semana do Cine Internacional no Festival de Cine Fantástico e de Terror de Donostia, proxectándose en Madrid durante a Semana Gótica.

Xurxo Martínez Crespo - 17:30 14/10/2009

A nova directora venezuelana Gigi Romero gañou o primeiro premio da X Semana Internacional de Cine Fantástico e de Terror en Estepona, co filme Together (Xuntos).

Esta produción forma parte da selección oficial da Vixésima Semana do Cine Internacional no Festival de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián, e esta semana se proxectará en Madrid durante a Semana Gótica.

Together narra a historia dun pai de familia que agocha a súa afección á violencia traballando como un asasino a soldo. Esta dobre vida atopa o seu desenlace cando unha noite, farto do seu ruidoso veciño, o home decide darlle unha dolorosa lección. Ao chegar ao piso deste, descobre que nese lugar se agocha o seu segredo e o seu peor pesadelo.

A curtametraxe de 10 minutos de duración foi rodadA cunha cámara RED One e editado durante este mesmo ano.

Ista é a segunda curta desta realizadora, quen é tamén autora de Smile (Sorrí), obra que relata a historia dun albino obsesionado co branco, que trata de levar unha vida normal, e coa que a directora gañou cinco premios, incluído o de Mellor Curtametraxe no festival venezolano Viart, que reúne o mellor do talento audiovisual estudantil. Tamén foi proxectado no Hollywood DV Festival, en Los Angeles.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: