Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Estudo de Safe Ireland

A crise económica multiplica en Irlanda o número de casos de violencia doméstica

No medio do contexto actual, aumentan un 21% as vítimas en busca de centros de acollida.

Redacción - 10:45 14/10/2009

A crise económica e os problemas financeiros sufridos polas familias están multiplicando o número de casos de violencia doméstica, segundo a organización Safe Ireland.

Un estudo publicado esta semana por Safe Ireland mostra que o número de vítimas de violencia doméstica en busca de centros de acollida aumentou un 21 por cento entre 2007 e 2008. Sen embargo, a falta de recursos e de espazo provocou que 1.700 desas vítimas en busca de refuxio non puideran ser acollidas.

Safe Ireland ofrece servizos de apoio e de acollida a mulleres e nenos vítimas de violencia doméstica na República de Irlanda.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: