Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Dispersión da poboación

Banda larga por satélite porque "o ADSL e o cable nunca chegarán ao rural"

As compañías Net2 e SES Astra presentaron unha conexión satelital bidireccional para zonas illadas "a prezos como os da cidade".

Redacción - 19:00 01/09/2009

Dous operadores de internet, Net2 e SES Astra, presentaron esta terza feira en Galiza o seu servizo de banda larga vía satélite Astra2Connect, co que aspiran a "romper" a fenda dixital que existe no rural. De feito, a situación do país é paradigmática, debido á dispersión da poboación.

Segundo anunciou o director de Desenvolvemento e Negocios de Astra Ibérica, José Luis Gárate, a súa proposta é "abaratar" un servizo de comunicacións bidireccionais a través do satélite, que "até agora eran moi caras". A conexión terá un prezo "aproximado" ao de calquera cidade, para que as persoas que habiten en pequenos núcleos illados poidan acceder a internet, telefonía e televisión vía satélite nunhas condicións semellantes.

Para Gárate, é "absolutamente inviábel", levar o cable ou ao ADSL ao rural galego e manifestou que "o satélite preséntase como a tecnoloxía ideal" para superar a fenda dixital. Como exemplo das persoas que se poderán beneficiar do servizo falou de explotacións agrogandeiras, turismo, hostalaría ou pequenas e medianas empresas.

Neste senso, citou un informe da Unión Europea que reflicte que o nove por cento da poboación do Estado Español, arredor de catro millóns de persoas, están fóra da cobertura do ADSL e do cable. Esa porcentaxe e aínda superior no caso de Galiza.


4.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: