Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas á Lei da Memoria Histórica

Feijoo di que vivimos nunha prolongación do "guerracivilismo" a través dunha "xustiza retroactiva"

Na presentación dun libro, o presidente da Xunta acusou o "espírito sectario" de quen "prolonga" os feitos acontecidos entre o 1936 e o 1939, e en anos posteriores, durante o franquismo.

Redacción - 09:00 26/06/2009

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegurou esta quinta feira que moitos cidadáns do Estado Español "sofren" na actualidade "a prolongación" do "guerracivilismo" a través de historias "viciadas" polo espírito "sectario" que, ao seu xuízo, tentan facer unha "xustiza retroactiva" para compensar ás vítimas do Franquismo, en alusión á Lei de Memoria Histórica impulsada polo goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

Estas palabras foron pronunciadas polo presidente galego na presentación do libro La niña de gris. Vidas rotas por la Guerra Civil (A nena de gris. Vidas rotas pola Guerra Civil), escrito polo avogado José Manuel Otero Lastres.

Parabéns de Francisco Vázquez a Feijoo
O acto estivo presidido tamén polo embaixador do Estado Español no Vaticano e ex alcalde da Coruña polo PSdeG, Francisco Vázquez, o presidente do equipo de fútbol Real Madrid, Florentino Pérez, o pintor e autor da primeira capa do libro, Eduardo Arroyo, e a directora da editorial MR. edicións, Carmen Fernández de Blas.

Vázquez, polo seu lado, quixo darlle os parabéns a Feijoo polo labor realizado como presidente da Xunta, e transmitiulle os seus "mellores desexos" para toda a lexislatura. Así mesmo, Francisco Vázquez destacou a reunión que na cuarta feira mantivo Feijoo co ministro de Fomento, Xosé Blanco, onde se alcanzaron "grandes acordos" en materia de estradas e vías ferroviarias de alta velocidade para a Galiza. Esta xuntanza foi cualificada polo embaixador como "exemplo de consenso" e dunha "gran noticia" para todos os galegos, polo que animou a Feijoo a seguir traballando "polo mesmo camiño".


1.08/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: