Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Violencia no Perú

Perto de 30 civís e nove policías falecidos nos enfrontamentos na Amazonia

As tribos indíxenas enfróntanse ao goberno. Na sexta secuestraron 38 policías. Foron liberados 22, e hai sete desaparecidos.

Redacción - 19:00 06/06/2009
Militares peruanos recollen os corpos dos policías mortos

Militares peruanos recollen os corpos dos policías mortos

Este sábado de mañá grupos de indíxenas mantiñan como reféns a 38 policías e 20 civís, que custodiaban unha estación de bombeo de petróleo en Imazita (Bagua, norte do Perú, na rexión da Amazonia). Porén, a media mañá o ministro de Defensa peruano, Antero Flores Aráoz, informou que nove dos axentes morreron, e sete están desaparecidos, mentres que outros 22 foron liberados e atópanse a salvo nun cuartel militar da zona.

Mais de 30 indíxenas falecidos
Segundo os líderes indíxenas, nos enfrontamentos en Bagua tamén faleceron uns 30 nativos. A cifra muda, segundo o goberno, a cinco civís falecidos.

Tras case dous meses de tensión, esta sexta feira estalou a violencia entre o goberno do Perú e as comunidades indíxenas da selva amazónica. Máis de 60 tribos peruanas, aglutinadas na Asociación Interétnica de Desenvolvemento da Selva Peruana (Aidesep) levan 58 días bloqueando as estradas, vías fluviais e oleodutos na rexión amazónica de Loreto, perto da localidade de Yurimaguas.

Revolta indíxena
Varios grupos indíxenas -perto dunhas nove mil persoas- ergueron campamentos artificiais en Yurimaguas, para bloquear uns 10 quilómetros, nunha acción coa que pretenden defender os seus recursos naturais. A mobilización armouse para demandarlle ao Congreso do Perú que derogue varias leis aprobadas polo goberno, en gran medida, para axeitarse ás condicións do Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos, dirixidas a incentivar o investimento privado nas zonas ricas en petróleo e gas, Os indíxenas consideran que estas normas afectan o seu dereito a unhas terras que conforman os seus asentamentos históricos.

A revolta indíxena levou o Congreso a revisar o contido dos decretos lexislativos, mais a pasada quinta feira os congresistas decidiron postergar o debate sobre a Lei Forestal, que os nativos consideran inconstitucional. A Defensoría do Pobo apoia as reivindicacións dos pobos nativos, e presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional, para que se pronuncie sobre esta lei.

A noticia nos xornais peruanos:


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: