Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ANUNCIO DE LOUZÁN

A Deputación de Pontevedra colaborará economicamente con Galicia Bilingüe

Financiará unhas xornadas divulgativas da entidade que preside Gloria Lago para dar a coñecer os modelos educativos doutros países con varias linguas oficiais.

Redacción - 11:30 29/05/2009
Gloria Lago é a presidenta de Galicia Bilingüe

Gloria Lago é a presidenta de Galicia Bilingüe

Malia que aínda non teñen data, nin lugar da celebración, nin programa definitivo, xa se sabe que a Deputación de Pontevedra financiará unhas xornadas sobre bilingüismo que organizará a asociación Galicia Bilingüe. Así o adiantou o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán (PP), que asegurou que esta "será unha experiencia moi positiva para os pais e para a sociedade en xeral".

En concreto, segundo informa El País, o foro centrarase no coñecemento dos modelos educativos doutros países que conten con máis dunha lingua oficial. Celebraranse nas instalacións da Deputación e, segundo explicou Louzán, o obxectivo é tirar "conclusións e ideas para seguir traballando no consenso e nun bilingüismo harmónico". Mentres, a presidenta da entidade, Gloria Lago, destacou o compromiso do presidente provincial con estas xornadas nas que se quere amosar á cidadanía como poden convivir dúas linguas de "xeito amábel e sen imposicións".


Ligazóns

1.21/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: