Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
NAS COMARCAS PRODUTORAS

O sector leiteiro envía un SOS á sociedade

Sindicatos e cooperativas piden ás galegas e aos galegos que se "impliquen" para axudar a superar a gravísima crise que afecta ás explotacións.

Redacción - 20:15 07/05/2009
Imaxe da rolda de prensa (clic para ampliar

Imaxe da rolda de prensa (clic para ampliar

Sindicatos e cooperativas fixeron este xoves un "chamamento a toda a sociedade civil" para que se implique na "salvación" do sector leiteiro participando nas concentracións previstas para este venres nas 14 cabeceiras das comarcas produtoras de leite. Seguen reclamando medias que lles faga rendíbel producir leite e que freen a "inundación" de materia prima foránea.

Por parte do Sindicato Labrego Galego (SLG) falou Carme Freire reclamando "que as explotacións teñan unha viabilidade e medidas estruturais para que esta situación non se repita". Máis drástico amosouse Francisco Bello, representante de Xóvenes Agricultores (XX.AA), cando dixo que as catro organizacións están dispostas a "endurecer as medidas de presión" se a ministra de Medio Rural "segue sen facer caso" ás súas reclamacións.

Na mesma liña manifestouse o representante da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) que denunciou "o clamoroso silencio oficial", atribuíndoo a "unha especie de desidia, de neoliberalismo". Dende Unións Agrarias (UU.AA) amosáronse optimistas e o secretario xeral, Roberto García, vaticinou que "o conxunto da sociedade rural vai saír á rúa dun xeito histórico, como non o fixeron nos últimos 20 anos". García advertiu de que están dispostos mesmo a tomar medidas legais contra a pasividade das administracións.

Mobilizacións en 14 comarcas
Ás 12 do mediodía realizaranse mobilizacións nas comarcas da Mariña, Meira, Terra Chá, Sarria - Lemos, Chantada, A Ulloa, Arzúa, Betanzos, Terra de Melide, Ordes, Xallas, Terra de Soneira, Tabeirós-Terra de Montes e Deza.


4.71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: