Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIDAS ANTICRISE

Feijoo anuncia un recorte do orzamento por "un desfase" de 600 millóns

O presidente da Xunta anunciou que se recortará o gasto aprobado polo anterior Goberno, "demasiado optimista".

Redacción - 13:15 07/05/2009
Feijoo chegando ao Consello da Xunta desta quinta feira, que se desenvolveu no Pazo de Raxoi, en Compostela

Feijoo chegando ao Consello da Xunta desta quinta feira, que se desenvolveu no Pazo de Raxoi, en Compostela

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que modificará os orzamentos por mor da crise económica. Feijoo asegurou que existe un desfase orzamentario de 600 millóns de euros, que obrigará a corrixir o documento económico.

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, presentou un informe no Consello da Xunta que chega á conclusión de que non se cumpre ningunha das previsións macroeconómicas recollidas nos orzamentos aprobados polo PSdeG e o BNG. Así, prevíase un crecemento do PIB do 1,3 por cento e a non destrución de emprego. Pola contra, o IGE estimou un retroceso do 2,5% da economía do país, mentres que o paro aumentou en 20 mil persoas nos catro primeiros meses do ano.

600 millóns de euros menos
A primeira análise de Facenda estima unha redución de polo menos 600 millóns de euros sobre o inicialmente previsto, debido a unha orzamentación "demasiado optimista" fronte ao empeoramento da economía. Esta cifra, porén, podería incrementarse en función da evolución macroeconómica e dos ingresos derifavos dos Fondos Europeos, aínda incertos.

O desaxuste deberíase a 235 millóns menos de recadación de tributos e a 355 millóns de diminución de transferencias correntes.


1.8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: