Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debido ao descenso da demanda

Pascual pecha a súa planta de Outeiro de Rei, deixando na rúa a 155 traballadores

A dirección do grupo leiteiro anunciou a presentación dun expediente de regulación de emprego sobre o 7,5% dos seus tres mil empregados en todo o Estado.

Redacción - 08:00 06/05/2009
Pascual presentou un ERE para 155 empregados de Outeiro de Rei

Pascual presentou un ERE para 155 empregados de Outeiro de Rei

A dirección do Grupo Leite Pascual anunciou esta terza feira a presentación dun expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará 225 traballadores das súas factorías de Outeiro de Rei (Terra Chá) e Aranda de Duero (Castela e León), cifra que representa o 7,5% dos seus tres mil empregados. A medida afectará os 155 traballadores da planta galega.

Nun seu comunicado, o Grupo Pascual atribuíu esta decisión á súa necesidade de "axustar as capacidades industriais" á "demanda" dos seus produtos no mercado. Segundo informou a empresa, a medida, que cualificou de "inevitábel" trasladouse aos representantes dos traballadores, e iniciáronse xa as conversas para buscar "un acordo que minimice o impacto social" e "garanta o futuro do grupo".

Capacidade para envasar 250 millóns de litros ao ano, que quedaron finalmente en 150
Os responsábeis de Pascual sinalaron que este seu descenso de produción é froito da evolución do mercado alimentario e, en concreto, do lácteo. Nesta liña, lembraron que o consumo de leite descendeu nos últimos anos, pasando dos 113 litros por persoa e ano de 2001, aos 77,8 rexistrados a finais do ano pasado. Ademais, apuntou que a marca branca ou de distribución acapara xa o 51% do mercado de leite envasa en brik -un 10% máis que en 2008.

Os sindicatos denuncian que o ERE de Pascual implica o "peche inmediato" da planta
Segundo contan dende Europa Press, os empregados dedicados á transformación e envasado de leite na fábrica de Outeiro de Rei "son algo máis de 70", uns datos confirmados por representantes do comité de empresa na planta. Por isto, fontes sindicais consideraron que no total de traballadores afectados no ERE anunciado polo grupo lácteo hanse incluíra, ademais, os transportistas encargados da recollida do leite, comerciais, persoal de administración e loxística.
Pascual pasou de recoller uns 18 millóns de litros en Galiza en marzo, aos perto de nove que sigue adquirindo dende o de abril, no inicio da nova campaña leiteira.

A lence non lle parece "boa noticia" o ERE anunciado por Pascual

Polo seu lado, o propietario e administrador único de Leite Río, Xesús Lence, considerou que o ERE anunciado por Pascual "non é boa noticia", e atribíu a medida a que os consumidores "compran o leite máis barato". Esa situación supón, como reiterou, a caída de vendas das marcas de fabricante, fronte ás de distribución ou marcas brancas. Nesta liña, Lence considerou que Pascual é unha empresa "ben estruturada", que ofrece "un gran produto", dispón "de moi bo envase e servizo" e, porén, "oconsumidor non o apreciou".


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: