Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

O novo director xeral de Administración Local foi candidato falanxista ao Parlamento de Europa

José Norberto Uzal Tresandi, alto cargo no novo Goberno, presentouse ao Parlamento Europeo en 1994 nas listas de Falange Española Independiente.

Redacción - 15:40 25/04/2009

Un dos máis estreitos colaboradores do novo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, simpatizou na década dos noventa co ideario falanxista. O xornal El País publica este sábado que José Norberto Uzal Tresandi, nomeado esta semana director xeral de Administración Local, concorreu nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 na candidatura de Falange Española Independiente.

Uzal Tresandi, ocupou nos últimos anos un posto relevante na Federación Galega de Municipios e Provincias. No seu dí, cando foi nomeado asesor xurídico do Concello de Cambados, xa tivo que saír explicar as súas antigas simpatías políticas. Segundo explicou no seu día o propio Uzal nunha entrevista en La Voz de Galicia, pouco despois de presentarse nesas eleccións desvinculouse da formación ultradereitista.


2,52/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: