Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investimento de 8.990 millóns en catro anos

Touriño retrúcalle a Feijoo que a caixa queda chea

O presidente en funcións subliña que as arcas públicas quedan con 351 millóns de euros, un 29% máis do que deixou Fraga en 2005.

Redacción - 17:00 02/04/2009

Un menor nivel de endebedamento, maior liquidez e menor gasto comprometido para o futuro. Así resumiu este xoves o Consello da Xunta, na penúltima xuntanza do actual Executivo en funcións, o estado das arcas públicas en Galiza. A xeito de balance, o Goberno sinala que o investimento da administración no treito 2005-2008 foi de 8.990 millóns de euros, un 49% máis que no período anterior.

Na mesma xornada coñecíanse máis polo miúdo as contas de 2008, cun investimento total de 2.751 millóns de euros e un grao de execución sobre o crédito inicial do 99%. Os gastos totais ascenderon a 11.292 millóns de euros, o que supón o 91% de execución do presuposto vixente.

O presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, deu a coñecer o informe de control orzamentario, destacando que socialistas e nacionalistas déixanlle ao executivo entrante 351 millóns de euros nas arcas públicas, "un 29 por cento máis" do que en xullo de 2005 deixaba en tesouraría o goberno saínte de Manuel Fraga. Tamén salientou Touriño que o nivel de endebedamento é do 6,9% ao respecto do Produto Interior Bruto, cifra que no anterior cambio de goberno estaba no 7,6%. "Menos endebedamento e máis liquidez, razoabelmente saneado", comentou o presidente saínte.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: