Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'As vítimas, os nomes, as voces e os lugares'

As universidades estudarán a represión exercida polo franquismo até 1977

A cuarta fase do proxecto afondará no sufrimento causado pola ditadura e na loita exercida pola guerrilla e as forzas políticas clandestinas.

Redacción - 09:00 27/03/2009

O Consello da Xunta autorizou este xoves a sinatura dun convenio polo que a Consellaría de Cultura achega 231.000 euros ó proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, desenvolvido polas tres universidades galegas e coordinado por Lourenzo Fernández Prieto, quen encabeza un equipo integrado por 12 especialistas. Este ano chega este ano á súa cuarta fase, que se centrará na represión en Galiza durante a ditadura franquista, no período 1940-1977.

O estudo pescudará na documentación e a bibliografía para investigar sobre a represión económica, as causas militares abertas nese período, a guerrilla e a loita antifranquista, o sistema represivo e penitenciario, etc. Tamén se realizarán entrevistas persoais e se incorporarán fontes orais doutros estudos. A cuarta fase complétase co establecemento de liñas de colaboración con outras iniciativas de investigación, tarefas de difusión do proxecto e a disposición da base de datos da investigación na web www.anodamemoria.com.


4.71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: